Wario Land: The Shake Dimension chega cunha orixinal campaña publicitaria en YouTube

mércores, 24 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O anuncio de Wario Land: The Shake Dimension simula ser unha páxina normal de YouTube

O xogo Wario Land: The Shake Dimension chega esta semana ás tendas de videoxogos españolas, pero polo que vai ser lembrado este título para a Nintendo Wii é pola súa campaña publicitaria, xa que aparte das canles tradicionais a nova entrega de Wario sorprendeu cunha espectacular páxina en YouTube que simula ser un clip normal no portal de vídeo de Google, pero segundo vai avanzando na súa reprodución a web de YouTube se vai descompondo por mor dos meneos do xogo, o que está a provocar moita publicidade gratuíta grazas a foros e blogs que instan a ver este orixinal anuncio.
Deixando a campaña publicitaria a un lado, estamos ante un videoxogo que recupera o clásico xénero das plataformas en 2D (algo que case se agradece ante a invasión de títulos tridimensionais que parecen máis centrados en detalles técnicos que na experiencia de xogo do usuario) cunha estética de debuxos animados e que funciona co mando agarrado en horizontal e utilizando só a cruceta e os botóns 1 e 2 (para saltar e realizar cargas respectivamente), aínda que tamén hai a posibilidade de axitar o mando co movemento Shake It que permitirá a realización de distintas accións.


Trailer do novo Wario Land

PUBLICIDADE