WarioWare Gold xunta 300 microxogos para 3DS

venres, 27 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Aínda que a Nintendo Switch eclipsase á Nintendo 3DS, a pequena portátil segue activa, e recibindo títulos como WarioWare Gold, que hoxe sae á venda (en físico e formato descargable) a un prezo oficial de 39,99 euros e que recupera ao icónico Wario para unha proposta na que tamén aparecen personaxes doutras series para participar neste torneo de xogos maior que o das anteriores entregas da saga, xa que desta volta temos un total de 300 microxogos cos que pasar un bo rato.
En WarioWare Gold temos así que superar probas do máis variado, como facer flexións, arrincar pelos dun nariz, inflar globos até que esbouren... para o que haberá que premer botóns, tocar a pantalla, empregar o micrófono... variedade e diversión en estado puro.
Aínda que moitos dos microxogos de WarioWare Gold xa apareceron en entregas anteriores da saga, hai outros totalmente novos, conseguindo así que os usuarios experimentados poidan gozar tanto das novas experiencias como da nostalxia de recuperar auténticos clásicos.

WarioWare Gold inclúe microxogos que tiran da nostalxia para chegar ao corazón dos usuarios

Tráiler de lanzamento de WarioWare Gold

PUBLICIDADE