Webcam robotizada coa forma de R2-D2

luns, 3 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Os dispositivos electrónicos baseados en franquicias cinematográficas en poucos casos son tan abundantes coma no de Star Wars, chegando agora a tenda de Hammacher unha cámara web coa forma do robot R2-D2 que non só permite tomar fotografías e gravar voz, senón que tamén se poden controlar sen fíos os seus movelmentos mediante un mando con forma de espada láser.
O pequeno robot poderase mover por toda a casa, e mesmo incorpora un sensor para evitar accidentes (detecta os lindes dunha mesa ou doutra superficie para procurar non caer). Para ser máis apetecible para os seguidores das películas de George Lucas, o R2-D2 reproduce 11 frase pregravadas e contén os tradicionais sons das películas. Funciona con 6 pilas AA e se poderá mercar a partires do día 21 por 349,95 dólares (256,48 euros).

PUBLICIDADE