Western Digital leva os seus discos duros ata os 3 Tbytes

martes, 19 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Western Digital leva un paso adiante a capacidade dos seus discos duros co lanzamento dunha nova unidade da familia WD Caviar Green, que permite almacenar ata 3 Tbytes de datos nun disco SATA con 750 Gbytes por prato que presume de ecolóxico por contar con tecnoloxía de redución de consumo que tamén reduce o ruído que fai este disco duro.
Os últimos WD Caviar Green están dispoñibles xa nos EE.UU. e capacidades de 2,5 e 3 Tbytes a prezos de 189 e 239 dólares respectivamente, polo que resultan considerablemente máis caros que discos semellantes de 2 Tb, pero que poden ser ideais para a configuración de sistemas de almacenamento en rede ou sistemas de almacenamento masivo, agardándose que o seu prezo vaia reducíndose paulatinamente para popularizarse nuns poucos meses.

PUBLICIDADE