Western Digital leva os seus discos duros ata os 4 Tbytes de capacidade

martes, 20 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Aínda que os sistema de almacenamento nos últimos tempos están a primar tecnoloxías como a de estado sólido, pola súa grande velocidade, cando buscamos almacenamentos masivos os discos duros seguen a ser a mellor opción, e Western Digital lévaa máis adiante coa súa familia de discos duros WD Black, que en formato de 3,5 polgadas de 7.200 revolucións por minuto vén de elevar a súa capacidade máxima ata os 4 Tb, o que resulta moi atractivo tanto para equipos independentes como para sistemas de almacenamento masivo baseados en varias unidades.
Os discos duros WD Black utilizan tecnoloxía SATA de 6 Gbps, contan con 64 Mbytes de caché, integran procesador dual, IntelliSeek, StableTac e NoTouch e no seu modelo de 4 Tb póñense á venda por 339 dólares (264,54 euros).

PUBLICIDADE