Windows mellora a fiestra de presentación dos navegadores dispoñibles
mércores, 10 de marzo do 2010
En resposta ás criticas recibidas
por parte dalgúns expertos que afirmaban que a orde da disposición dos
navegadores en Windows “non era
totalmente aleatoria”, Microsoft vén de mellorar o algoritmo que xestiona
esta ventá, a que presenta os navegadores dispoñibles cando se abre Windows, e
o resultado cumple mellor as expectativas das compañías que se queixaron.
Algunhas persoas que estudaron o
sistema operativo Windows, afirmaban que a orde non era totalmente aleatoria
posto que “Internet Explorer adoitaba
aparecer no extremo dereito da ventá, en posición dominante sobre outros
navegadores”.
Agora, logo de mellorar o
sistema, os mesmos expertos mostran xa a súa satisfacción polo cambio, e os 12
navegadores, que son os que ofrece o programa, aparecen máis ou menos en
igualdade de condicións.
Dende que a opción de elexir o
navegador en Windows fora introducida por Microsoft a pasada semana, a compañía
inclúe unha ventá que presenta os navegadores dispoñibles para que as persoas
usuarias poidan escoller. A citada ventá ofrece ata 12 navegadores, porén nos
primeiros lugares aparecen os máis populares, como son, Chrome, Opera, Safari,
Internet Explorer e Firefox. O resto non se ven de entrada na fiestra e debe
desprazarse o listado para que aparezan, razón pola que seis dos sete
navegadores que, por defecto, non se ven inicialmente, presentaron unha queixa
perante a Comisión Europea para que Microsoft volvera a correxir o mecanismo.