Xa é posible incorporar saída HDMI ás Xbox 360 que carezan de tal conector

mércores, 27 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios que teñan un modelo vello da Xbox 360 de Microsoft que careza de porto HDMI poderán suplir esta carencia grazas ao novo cable XCM 1080p HDMI que converte o sinal analóxico da consola a dixital, incluíndo tamén un adaptador HDMI a DVI (de xeito que tamén permite o uso da consola en monitores de ordenador, o que é unha solución bastante económica para gozar da alta definición).
O adaptador detecta automaticamente se a consola está a reproducir un DVD ou un xogo de Xbox 360, non precisa de fonte de alimentación externa e non precisa de ningunha configuración para o seu uso. O seu principal defecto sería o seu prezo, que resulta un tanto elevado (89,99 dólares).

PUBLICIDADE