Xa é posible reservar os reloxos que collerán a remuda do Pebble
martes, 18 de marzo do 2025
En 2012 os reloxos de pulso Pebble foron toda unha revolución pola súa proposta de conectividade co smartphone e o uso dunha pantalla de papel electrónico para poder gozar dunha grande autonomÃa e que a súa pantalla fose claramente visible en exteriores, pero a compañÃa detrás destes produtos pechou en 2016, deixando a moitos consumidores orfos dun tipo de accesorio que adora.
Non son poucos os que incluso se esforzaron en manter vivos os seus Pebble até agora, e despois de que a propiedade industrial de Pebble fose para a Google, conseguiron convencer á compañÃa de Mountain View de que liberase o código fonte do reloxo para facilitar o seu regreso.
O regreso dos reloxos tipo Pebble está xa en marcha, e por fin sabemos cal serán os primeiros dispositivos que chegarán baixo a marca Core Devices, que iniciaron xa o seu proceso de reserva.
Estes novos reloxos estarán baseados en papel electrónico, terán unha grande autonomÃa, o seu deseño será sinxelo, contarán con botóns fÃsicos e, moi especialmente, serán hackeables, conservando asà a esencia de Pebble.
O primeiro destes reloxos, que custará 149 dólares e prevé iniciar a súa distribución en xullo, é o Core 2 Duo. A simple vista é unha réplica do Pebble 2, cunha pantalla en branco e negro de 1,26 polgadas, capaz de correr as aplicacións e as esferas de Pebble, resistente á auga (IPX8), con micrófono, con rexistro de pasos e de sono e cunha correa estándar de 22 milÃmetros. Pero a maiores tamén incorpora altofalante, un chip Nordig nRF52840 BLE, un motor de vibración máis potente e silencioso, botóns máis resistentes, barómetro e compás e unha baterÃa cunha duración duns 30 dÃas (en contraste cos 7 dÃas do Pebble 2).
O outro reloxo en preparación, aÃnda que non chegarÃa até o mes de decembro a un prezo de 225 dólares, serÃa o Core Time 2, cunha pantalla de papel electrónico de 1,5 polgadas capaz de reproducir 64 cores, marco de metal, baterÃa de até 30 dÃas de autonomÃa, vidro plano (para evitar reflexos), pantalla táctil, monitor cardÃaco, resistencia á auga (IPX8), monitorización de pasos e sono, vibración, altofalante, micrófono e correa estándar de 22 milÃmetros. Un produto realmente interesante para os que están máis comprometidos coa experiencia de Pebble e sexan máis pacientes.
Os dous reloxos funcionará con PebbleOS, polo que poderán recibir notificacións do móbil, programar alarmas e temporizadores, gozar de funcións de calendario e control da reprodución musical e incluso facer un seguimento básico da actividade deportiva, aÃnda que o máis interesante é que serán compatibles coas máis de 10.000 aplicacións e esferas que se desenvolveron no seu dÃa para os reloxos Pebble orixinais.
Os responsables do proxecto deixan claro que estamos ante unha proposta para entusiastas, non ante un produto para un mercado de consumo masivo, polo que os prazos poderÃan non cumprirse e os produtos dificilmente serÃan comparables cos avanzados reloxos conectados que hai hoxe á venda. Sosteñen que se alguén precisa dun reloxo para monitorizar a súa actividade fÃsica farÃa mellor mercando un Garmin, ou se quere unha boa integración co iPhone non atopará un reloxo mellor que o Apple watch.
Os reloxos inspirados nos Pebble non son para todo o mundo, pero quen bote en falla este tipo de accesorio, probablemente merque sen dubidalo un destes curiosos reloxos.