Xbox e Bethesda presentaron novidades no Developers_Direct
venres, 27 de xaneiro do 2023
Esta
semana Microsoft celebrou un
evento de presentación de novidades da súa división de videoxogos titulado Developers_Direct,
no que os equipos de Xbox e Bethesda amosaron detalles de tÃtulos que están de
camiño para Xbox, PC e Game Pass como Forza Motorsport, Minecraft
Legends, Redfall e o vindeiro capÃtulo de The Elder Scrolls Online,
aÃnda co que máis se quedaron a meirande parte dos usuarios que seguiron a
emisión en directo é co anuncio de Hi-Fi
RUSH, un xogo de acción e ritmo de Tango Gameworks que sorprendente se
lanzou ao momento a través de Game Pass para Xbox Series X|S e PC.
Este último xogo, do que non transcendera nada antes da súa presentación, foi
unha agradable sorpresa. Sitúa ao xogador nun mundo que se move ao ritmo da
música e os xogadores asumen o rol de Chai, un lacazán que aspira a ser unha
estrela de rock, que ten un reprodutor musical fusionado no seu peito. Debe
defenderse mediante combates rÃtmicos que inclúen temas licenciados de bandas
de rock emblemáticas como Nine Inch Nails e The Black Keys.
De Minecraft Legends, un xogo de acción e estratexia desenvolvido por
Mojang Studios e Blackbird Interactive amosáronse detalles e confirmouse que
verá a luz o 18 de abril para Xbox Game Pass, PC Game Pass, Windows 10/11, Xbox
Series X|S, Xbox One, PS4, PS5, Steam e Nintendo Switch.
O agardado Redfall de Arkane, é un ambicioso shooter en primeira
persoa narrativo e cun mundo aberto no que poderemos cazar vampiros en modo
individual e multixogador, lanzándose este tÃtulo o 2 de maio a través de Game
Pass para Xbox Series X|S e PC.
Tamén se confirmou que The Elder Scrolls Online: Necrom chegará en xuño
, mentres que do novo Forza Motorsport só concretaron que chegará en
2023.
Para moitos foi unha decepción que na presentación non afondasen en Starfield
de Bethesda Game Studios, pero explicaron que iso era asà porque están a
preparar un evento independente que se centrará unicamente no que promete ser
un dos xogos máis importantes do presente ano.