Xiaomi poderÃa entrar no mercado dos ordenadores mini
luns, 5 de decembro do 2022
Aparte
de smartphones, tabletas e ordenadores portátiles, Xiaomi parece querer entrar
no mercado dos ordenadores de sobremesa cun
equipo de formato reducido, na liña dun Mac mini ou dun Intel NUC, pero
cunha configuración bastante interesante, que consistirÃa nun procesador AMD
Ryzen 7 6800H cunha gráfica Radeon 680M, 16 GB de RAM e 512 GB de SSD, polo que
serÃa bastante potente para os usuarios domésticos e incluso serÃa dabondo para
gozar de numerosos videoxogos, e todo contendo o seu prezo en 3999 iuans (546
euros).
Esperábase que este equipo, coñecido como Xiaomi Host Mini PC, se anunciase
estes dÃas, pero non terÃa sido asà porque Xiaomi adiou as súas actividades
públicas como acto de loito ante o pasamento de Jiang Zemin, quen presidira
China entre 1993 e 2003.
A configuración deste equipo serÃa a propia de ordenadores portátiles gaming de entrada,
polo que cheguen como equipos de sobremesa mini pode ser unha opción moi
atractiva para moitos usuarios que queren prefiren gozar dunha pantalla de grande
tamaño ou, simplemente, non pretenden usar o seu equipo en mobilidade, de aÃ
que este produto poida ter bastante mercado de comercializarse fóra de China.