Xiaomi pon á venda un tradutor automático de peto
xoves, 3 de maio do 2018
Xiaomi
está a vender en China un novo dispositivo que semella ser moi interesante para
viaxeiros: o tradutor automático Konjac AI, que nun tamaño compacto semellante
ao dun reprodutor de MP3 (ou unha gravadora de voz) e con só 63 gramos de peso
é capaz de realizar traducións simultáneas en 14 idiomas (ampliables no futuro)
grazas á colaboración entre Xiaomi e Microsoft no campo da intelixencia
artificial.
O Konjac AI pode traducir novas, predicións meteorolóxicas, cancións... e
incluso pode integrarse con WeChat para traducir as mensaxes recibidas a través
desta aplicación de mensaxerÃa tan popular no paÃs asiático. Ten conectividade
Wi-Fi, a súa baterÃa de 900 mAh pode cargarse por USB en hora e media
(achegando unha autonomÃa de até 8 horas de uso) e véndese en cor prata e gris
escuro a un prezo de só 249 iuans (32,65 euros).
- Este trebello pode resultar de grande utilidade para rachar a barreira idiomática
- O dispositivo presume de tamaño compacto e deseño elegante