Xiaomi presenta un novo smartphone con pantalla de 6,44 polgadas
martes, 10 de maio do 2016
Cando parecÃa que os smartphones de fabricación chinesa tiña
normalizado o seu tamaño nas 5,5 polgadas, e apuntaban a nova xeración de
terminais nun tamaño máis contido (os últimos terminais de referencia teñen
pantallas de 5,2 polgadas), chega Xiaomi e presenta un novo terminal para os
que aÃnda queren un dispositivo máis semellante a unha tableta, o Mi Max, que presume dunha xigante pantalla de
6,44 polgadas acompañada por unha baterÃa de 4.850 mAh que deberÃa unha autonomÃa
impresionante.
Pero a pantalla IPS Full HD de 6,44 polgadas non chega como único reclamo, senón
que o móbil ven cunhas especificacións moi completas e distintas
configuracións.
Teremos asà un modelo con 3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento
interno y procesador Qualcomm Snapdragon 650 (6 núcleos) a un prezo de 1499
iuans (202 euros), outro con 3 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno e
procesador Snapdragon 650 a 1.699 iuans (229 euros) e unha completÃsima versión
con 4 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno con procesador Snapdragon 652
(8 núcleos) a 1.999 iuans (269 euros), e con carcasas en cor prata, ouro e gris
escuro (na liña habitual de Xiaomi), que poderanse adquirir a partires do 17 de
maio. Dado que a capacidade de almacenamento interno pode ampliarse mediante
tarxetas microSD, dá a impresión de que Xiaomi quere que nos centremos na RAM á
hora de elixir entre os distintos modelos, que en calquera caso irán sobrados
de potencia.
O Mi Max funciona con Android 6.0.1 coa nova capa de personalización de Xiaomi
(MIUI 8), ten conectividade LTE, cámara traseira de 16 MpÃxeles con flash LED
dual e apertura f/2.0, cámara frontal de 5 MpÃxeles con apertura f/2.0 e grande
angular, lector de pegadas dixitais na súa parte traseira, carga rápida, dobre
SIM, un grosor de 7,5 milÃmetros e un peso de 203 gramos.
Este smartphone enténdese que vai dirixido a persoas que non leven
habitualmente o móbil no peto do pantalón e, precisamente por iso, parece que
teñen posto o seu punto de mira no público feminino, aÃnda que en vista do
feito de que nos smartphones as chamadas de voz teñan cada vez menos
importancia pode ter sentido para certos perfÃs de uso a existencia de
terminais de tamaño tan esaxerados.
- O Mi Max presume da capacidade da súa baterÃa, moi superior ao do resto de smartphones de grande tamaño que hai no mercado
- Parece que co Mi Max dende Xiaomi queren atraer ao público feminino