Xiaomi presenta unha nova pulseira de actividade económica
xoves, 21 de novembro do 2019
Xiaomi presentou hoxe na India unha nova pulseira de
actividade que continúa na teima da compañÃa chinesa en facer este tipo de
produto cada vez máis accesible, xa que a nova Mi
Smart Band 3i sae á venda a un prezo de 1.299 rupias (16 euros) cando a Mi
Band 3 véndese a 1.799 rupias, de xeito que o axuste de prezo é bastante importante.
A nova Mi Band 3i ten unha pantalla AMOLED táctil de 1,2 x 1,9 centÃmetros, a
súa baterÃa de 110 mAh ofrece unha autonomÃa de até 20 dÃas de uso, e pode
facer seguimento de pasos, do sono e do consumo de calorÃas.
Como outros
produtos semellantes, tamén pode empregarse para recibir notificacións do móbil
ou empregarse para localizar o teléfono se o perdemos. A pulseira tamén é
resistente á auga até 5 atmosferas, ou sexa, que serÃa seguro o seu uso na
piscina e na ducha.
AÃnda non se sabe cando chegará este produto a España, pero tendo en conta que
aquà a Mi Band 3 véndese a 29,99 euros, polo que, de manterse a proporción de
prezo, poderÃa custar só 22 euros.
- A Mi Smart Band 3i é un bo accesorio durante a práctica deportiva