Xoieiro con lector de pegadas dixitais

mércores, 24 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Os cofres para gardar xoias xa non só un elemento decorativo, senón que poden ser auténticos dispositivos de seguridade electrónica avanzada, coma o BioMirage Coffer, que incorpora un lector de pegadas dixitais o que fai que só poidan acceder ao seu interior as persoas autorizadas (ata 5), sen ter que memorizar contrasinais complicados nin utilizar unha chave física.
Ante un posible fallo de efectividade do lector de pegadas (ou calquera outra incidencia) o cofre inclúe unha chave USB de seguridade. Este dispositivo mide 30 x 22,5 x 10,5 centímetros, pesa 2,5 quilogramos e se vende a 579 dólares (uns 411 euros) polo que tampouco estamos a falar dun accesorio para todos os públicos.

PUBLICIDADE