Yuneec lanza o seu dron con cámara Intel RealSense
xoves, 23 de xuño do 2016
Nos últimos meses os drons están a avanzar integrando
tecnoloxÃas que melloran a súa estabilidade e seguridade, asà como a súa
facilidade de control, de xeito que cada vez son máis accesibles ao grande
público. Nesta liña temos que Yuneec está a ultimar o lanzamento do seu novo Typhoon H, que non só vén
listo para voar tras sacalo da súa caixa, pode gravar vÃdeo en ultra alta
definición a 30 imaxes por segundo (con estabilizador de 3 eixes) e dispara
fotografÃas de 12,4 MpÃxeles, senón que tamén integra unha cámara Intel
RealSense, que rexistra a profundidade, de xeito que pode xerar un modelo 3D do
contorno, o que permÃtelle principalmente poder seguir elementos móbiles (como
unha persoa) trazando unha ruta que evite chocar con obstáculos. Non se
tratarÃa só de incorporar un sistema para evitar colisións, senón que o sistema
lembra o contorno, adaptándose ao mesmo, o que, en combinación co GPS,
permÃtelle poder fixar a súa cámara principal nun obxectivo determinado á vez
que evita dende grandes edificios até pequenas polas de árbores.
O Typhoon H mide 520 x 457 x 294 milÃmetros, ten unha autonomÃa de voo de até
25 minutos e pode elevarse até 122 metros, acada velocidades de até 10 metros
por segundo e vén
de iniciar o seu proceso de reservas a un prezo de 1.899,99 dólares.
- O sistema de control remoto que inclúe o dron recibe en tempo real vÃdeo a 720p até a unha distancia de 1,6 quilómetros
VÃdeo de presentación do dron Yuneec Typhoon H