ZTE mellora os seus móbiles con Android
venres, 21 de outubro do 2011
Warp non é só a velocidade á que viaxaban as naves espaciais
na serie de televisión Star Trek,
senón que tamén é o nome dun novo terminal móbil de ZTE, compañÃa que vai
afastándose paseniño da baixa gama para ofrecer cada vez dispositivos máis
potentes, conservando uns prezos moi competitivos.
O ZTE
Warp é un móbil con Android 2.3, procesador a 1 GHz, pantalla táctil de 4,3
polgadas, cámara de 5 MpÃxeles con enfoque automático e flash LED, soporte de
tarxetas microSDHC de ata 32 Gb (inclúe unha de 2 Gb), GPS, Bluetooth e, por
suposto, acceso sen fÃos á web e a aplicacións como Gmail e Google Talk.
Este interesante terminal vai
comezar a comercializarse nos EE.UU. o 2 de novembro a través de Boost Mobile
por 249,99 dólares.