Zen Mosaic, un orixinal reprodutor multimedia de Creative
xoves, 24 de xullo do 2008
En Europa temos
moi presente que o mercado dos reprodutores multimedia vai moito máis alá do
iPod (que tempo pouca penetración real pese a que se empregue a súa marca coma xenérico) e Creative é un fabricante que
parece ben situado a este lado do Atlántico, e agora nos sorprende co deseño do
seu reprodutor
Zen Mosaic, que conta cunha pantalla de 1,8 polgadas, capacidades de
2, 4 ou 8 Gb, sintonizador de radio FM, altofalantes, reprodución de MP3, WMA,
WAV e Audible, integra gravadora de voz, visualiza imaxes JPEG, reproduce vÃdeo
(transcodificado a Motion JPEG e tamén conta con outras opcións coma calendario
ou alarmas.
O seu tamaño é de 79,5 x 40 x 12,8 milÃmetros, só pesa 43 gramos e a
súa autonomÃa é de 32 horas, polo que non estariamos a falar só dun
reprodutor dun elegante e orixinal deseño, senón que tamén se trata dun
dispositivo moi completo do que aÃnda non se coñece o prezo (aÃnda que é de
agardar que sexa moderado).