Zipy Go! Earbeating, un reprodutor multimedia portátil con pulsómetro

luns, 2 de maio do 2011 Marcus Fernández

O fabricante de electrónica de consumo Zipy quere facilitar a práctica deportiva mentres facemos uso de dispositivos de reprodución musical, de aí que teña toda unha gama de produtos nesta liña, entre os que destaca o novo Zipy Go! Earbeating, un reprodutor multimedia portátil que incorpora sensores de ritmo cardíaco nos seus auriculares, permitindo recoller as nosas pulsacións por minuto con só premer os auriculares uns segundos, comunicando o resultado vía voz ou na súa pantalla integrada, na que tamén figura a distancia percorrida mentres corremos e as calorías consumidas, información que tamén podemos compartir a través da Internet. Este PMP ten 2 Gb de capacidade interna e unha autonomía de 30 horas.
Con características semellantes tamén teñen o Go! Beating Plus, con monitor de ritmo cardíaco, podómetro, cronómetro, indicador de calorías consumidas e de distancia percorrida, aínda que cunha autonomía sensiblemente inferior (12 horas).

O Zipy Go! Beating Plus tamén conta con pulsómetro, pero ten unha autonomía inferior á do Earbeating

PUBLICIDADE