bq estrea un tablet con Android 4.0 e pantalla de 10,1 polgadas
xoves, 30 de agosto do 2012
Na súa constante ampliación do seu catálogo de tablets co
sistema operativo Android 4.0 o fabricante español bq pon á venda un novo
dispositivo moi atractivo, o bq Edison, tablet cun
procesador Cortex A9 de dobre núcleo a 1,6 GHz, gráfica de catro núcleos Mali
400, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, cámara traseira de 2 MpÃxeles
e frontal VGA, mini-USB, saÃda HDMI, Wi-Fi N e Bluetooth 4.0, que pode resultar
especialmente atractiva por contar cunha pantalla táctil de 10,1 polgadas cunha
resolución de 1.280 x 800 pÃxeles, de xeito que ofrecerÃa unha experiencia de
uso semellante á dun iPad 2, pero á metade de prezo (custa 199,99 euros).
Resulta evidente que o bq Edison carece do catálogo de aplicacións de iOS, pero
pola contra permite visualizar páxina web con Flash Player 11, pode ampliarse a
súa capacidade interna mediante tarxetas de memoria microSD de ata 32 Gb, permite
o uso de USB (para conectar dispositivos externos entre os que hai modems 3G
USB) e incluso pode conectarse a un televisor para amosar páxina web e contidos
multimedia. Unha interesante solución que chega cun grosor de 10 milÃmetros e
un peso de 655 gramos.
- O bq Edision opta por unha pantalla de 10,1 polgadas como principal atractivo