iXtreamer leva ao televisor contidos multimedia de terminais de Apple, discos duros e a Rede

xoves, 18 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Para levar o contido dun iPod Touch, un iPhone ou un iPad ao televisor existen distintas solucións baseadas en cables, pero para evitar o ter que andar conectando e desconectando ao noso televisor estes conversores chega o iXtreamer, un dock para terminais multimedia de Apple que é capaz de levar os contidos audiovisuais ao televisor á vez que funciona coma reprodutor multimedia con conectividade Wi-Fi N para acceder a contidos en rede, aínda que tamén podemos acceder a vídeos almacenados en discos duros externos grazas aos seus 2 portos USB e incluso conta con espazo para un disco duro interno SATA de 3,5 polgadas. Nestes últimos casos o iXtreamer é capaz de reproducir vídeo a 1.080p en múltiples formatos (coma imaxes de Blu-ray ou vídeos en DivX e MKV) e, para rematar a faena, tamén permite acceder a contidos en liña coma emisoras de radio por Internet e incluso televisións en directo (sendo incluso capaz de reproducir películas e series de televisión de MegaVideo).
O prezo deste dispositivo é de 175 euros máis gastos de envío, ou sexa, 199 euros, e podemos ver as súas características detalladas no seguinte vídeo:

O iXtreamer é un xeito doado de levar os vídeos do iPad ao televisor
O dispositivo conta cunha completa conectividade

PUBLICIDADE