inFAMOUS: Second Son figura entre os xogos de setembro de PS Plus
xoves, 31 de agosto do 2017
Hoxe é
o dÃa no que o servizo de PlayStation
Plus sube de prezo entre o 14 e o 25% en función do número de meses que
subscribamos, e parece que queren paliar esta mala nova cunha boa
selección de xogos para o mes de setembro, xa que os usuarios de
PlayStation 4 terán dispoñibles para incorporar á súa colección un par de xogos
de peso: inFAMOUS: Second Son e Child of Light.
Lembremos que inFAMOUS:
Second Son é a terceira entrega da saga inFAMOUS, unha especie de historia de superheroes que parece sacada
da banda deseñada, pero que é totalmente orixinal das consolas de videoxogos e
xoga moito co equilibrio entre o ben e o mal a través da toma de decisións.
Nesta ocasión a acción transcorre en Seattle, nunha realidade alternativa na
que o Estado persegue ás persoas con poderes sobrehumanos.
Child
of Light é un tÃtulo máis suxerinte, que nos traslada a un mundo de contos
de fadas con gráficos debuxados a man e unha narrativa en rima como se fose
unha canción e que está considerado como unha xoia dos xogos de rol na que a
princesa Aurora ten que derrotar á malvada RaÃña Negra e restaurar o reino de
Lemuria.
Durante setembro manteñen o xogo adicional ¡Has
sido tú! (que serve para demostrar as posibilidades de PlayLink, sistema de
xogo no que os usuarios poden participar dende o seu dispositivo móbil) ao que
se incorpora unha novidade, RIGS
Mechanised Combat League, un tÃtulo no que podermos subirnos nunha cabina
dun mecha ou titán deportivo e que precisa de PlayStation VR para funcionar.
No caso do resto de consolas de Sony, os xogos ofrecidos en setembro son
bastante discretos (por non dicir descoñecidos), de xeito que para PlayStation
3 teriamos Truck Racer e Handball 2016, e para PlayStation Vita We Are Doomed e Hatoful Boyfriend.