inFAMOUS</Em> celebra o Halloween cun novo capítulo de vampiros

mércores, 26 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Cole deberá facer fronte a numerosos vampiros que pululan a cidade de New Marais

Os seguidores da franquía de xogos inFAMOUS creada por Sucker Punch para a PlayStation 3 poden gozar dende hoxe dun novo capítulo descargable chamado inFAMOUS: Festival of Blood, que véndese por 9,99 euros para usuarios ordinarios de PSN e por 7,99 euros para os membros de PlayStation Plus, e introduce ao protagonista, Cole McGrath, nunha nova aventura na que a cidade de New Marais vive baixo os efectos dunha infección vampírica, o que estaría na liña doutros xogos (que, por exemplo, introducen zombis nas súas expansións) e serviría para celebrar o Halloween.
Festival of Blood permite empregar novos poderes contra inimigos brutais e explorar ou crear un interminable abano de niveis novos co modo de Contido de usuario, facer uso do mando de PlayStation Move para combater ás criaturas da noite e incluso permite xogar sen ter que utilizar o disco Blu-ray orixinal de inFamous 2.


Trailer do novo capítulo descargable de inFAMOUS

PUBLICIDADE