100 persoas maiores coñecen as vantaxes da Internet móbil grazas ao voluntariado dixital

xoves, 13 de decembro do 2012 Redacción

O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta celebra hoxe o seminario Internet móbil para persoas maiores, xornada impartida por profesionais da empresa tecnolóxica Everis, mecenas dixital do programa, participan 100 persoas maiores usuarias da Aulas da terceira idade da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, ATEGAL, organismo colaborador da iniciativa.
O obxectivo desta xornada formativa é favorecer a inclusión dixital de persoas maiores, intentando facilitarlles o acceso as aplicacións de internet a través de dispositivos móbiles. Con este obxectivo a xornada centrarase en amosar os tipos de dispositivos, tablets e móbiles, así como aplicacións xenéricas e específicas de interese para persoas maiores. Os participantes coñecerán da man de profesionais do sector tecnolóxico as posibilidades que ofrecen canles como Facebook e Twitter, así como chats e videochamadas.

PUBLICIDADE