40 anos da primeira chamada dende un teléfono móbil
mércores, 3 de abril do 2013
- Martin Cooper durante a demostración do seu prototipo de teléfono móbil en 1973
Un
3 de abril de 1973 foi a data na que Martin Cooper de Motorola, fixo a primeira
chamada telefónica móbil, precisamente a Joel Engel, director dos Bell Labs
(división de desenvolvemento de AT&T) e o seu principal competidor, dando
comezo a unha guerra por liberar a telefonÃa dos fÃos, da que o primeiro
expoñente serÃa o Motorola DynaTAC 8000x (que comezou a venderse en 1983), que
tiña unhas medidas de 33 x 4,5 x 8,9 centÃmetros, pesaba 800 gramos e a súa
autonomÃa en conversa era duns 35 minutos (tras 10 horas de carga), limitacións
que, xunto cun prezo de 3.995 dólares, non impediron que en cousa dun ano
vendese unhas 300.000 unidades (chegando ao millón de usuarios de telefonÃa
móbil nos EE.UU. en 1990).
Hoxe podemos celebrar o 40º aniversario a primeira chamada do que podemos
entender como un teléfono móbil moderno, pois a telefonÃa celular levaban en
desenvolvemento dende mediados do século XX, pero non foi ata aquela histórica
chamada de Martin Cooper cando puidemos ver un dispositivo que puidese levarse
na man para facer unha chamada.
- Cooper posando cun Motorola DynaTAC en 2007