400.000 persoas viven de xogar en liña para avender os seus logros

mércores, 27 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Os xogos multiusuario en liña teñen un grande problema para os usuarios esporádicos, pois é preciso dedicarlles moitos tempo para poder evolucionar os nosos personaxes para poder tirar proveito do xogo, e precisamente atendendo aos usuarios que non queren pasar o período inicial de mellora de personaxes existe un negocio chamado gold farming, consistente en xogadores (normalmente chineses) que fan evolucionar personaxes nos xogos (incrementando as súas características e facéndose con armas) para vendelos a través da Rede a un prezo que se pode considerar reducido para un occidental, pero que nalgúns países pode servir coma forma de vida, acadando os xogadores a soldo uns 142 dólares ao mes de media.
Na actualidade un informe da Universidade de Manchester estima que hai unhas 400.000 persoas (o 80% en China) que se dedican a esta actividade, xerando uns 500 millóns de dólares ao ano, o que é unha cantidade moi importante para unha economía somerxida.
Moitos poderían pensar que se trata dunha moda, pero o feito de que esta actividade precaria leve anos funcionando dá a entender que é un negocio que pode manterse co tempo pese a que conte coa oposición dos administradores de xogos en liña (que non gustan de que outros saquen cartos cos seus produtos). Tamén resulta bastante molesto ver as condicións de explotación laboral nas que operan os gold farmers:


Fragmento dun documental sobre o gold farming

PUBLICIDADE