54 blogueiros galegos publican un libro colaborativo
luns, 3 de marzo do 2008
Da colaboración de 54 blogueiros galegos sae o Proxecto
Identidade, que se concreta nun lÃbro de 198 páxinas en formato cadrado (18
x 18 centÃmetros) que saiu
á venda o pasado sábado a través da Internet a 29,95 dólares (13,15 euros)
grazas ó servizo de Blurb, que permite de xeito doado a autoedición de
iniciativas interesantes coma esta.
O libro é un compendio de identidades, que presenta relatos, poemas, fotografÃas,
ilustracións… toda unha mestura de contidos que pretende servir de reflexo dos eus dos distintos autores, e dos que podemos ver un
adianto nun ficheiro
PDF no que se recollen as 15 primeiras páxina do texto para animarnos ás súa
adquisición en formato fÃsico.