A AGAG organiza un seminario sobre a guionización de videoxogos

xoves, 9 de xuño do 2011 Marcus Fernández

A Asociación Galega de Guionistas (AGAG) organiza o vindeiro 17 de xuño na sede de Arteria Noroeste (na rúa de Salvadas, 2) en Santiago de Compostela o curso Videoxogo. Fase 0: Guión. Seminario sobre a Escrita de Guión de Videoxogo, impartido por Luis Felipe Blasco, quen traballou no xogo Planet 51 de Pyro Studios, baseado nunha película de animación do mesmo nome, considerada como a meirande produción de animación da historia do cine español. Tamén colaborou no xogo para plataformas móbiles Meatball Marathon e con Starco Studios no desenvolvemento de Alter Ego, aplicación para Android que busca revolucionar o xeito de establecer novas amizades a través do Bluetooth do móbil e os xogos sociais.
O seminario terá un prezo de 25 euros apra os asistentes que non estean asociados á AGAG, e estruturarase en 2 apartados:

16.30 - 18.30 horas:
1. Introdución ao concepto de videoxogo. Características especiais como contido audiovisual, breve historia e tipos de videoxogo.
2. Videoxogos con guión. Descrición e análise.
3. O papel do guionista de videoxogos. O guionista na industria. Descrición do traballo. Dificultades, necesidades, know-how, habilidades específicas.

18.45 - 20.45 horas:

4. Escribir un videoxogo. Niveis de guión.
5. A industria do videoxogo en España.
6. Previsións para o futuro.

PUBLICIDADE