A AMTEGA e o CPEIG organizarán 6 xornadas para abordar os perfís profesionais que marcan as novas tendencias dixitais

luns, 29 de febreiro do 2016 Redacción

A AMTEGA e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrarán este ano un ciclo de xornadas os perfís dixitais que xorden das novas tendencias tecnolóxicas e ofrecerán formación especializada en TIC para empregados públicos, docentes e familias, segundo recolle o convenio asinado esta mañá pola directora da AMTEGA, Mar Pereira, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez. A AMTEGA achegará ao CPEIG 65.000 euros para o desenvolvemento das accións previstas.
O acordo posibilitará a celebración de seis xornadas divulgativas sobre os perfís profesionais que están a xurdir coas novas tendencias tecnolóxicas. As sesións impartiranse da man de profesionais e expertos que aborden os temas desde a súa experiencia. Tamén a celebración de varias actividades no marco do programa Rapaciñ@s como unha xornada sobre os menores e as novas tecnoloxías, que combinará sesión informativa para pais e nais con actividades lúdicas para os máis pequenos.
Este actividade complementarse con charlas divulgativas nas principais cidades de Galicia orientadas ás dúbidas e preocupacións de pais e nais sobre a relación dos seus fillos coa Rede. Nesta mesa liña de actuación elaborarase unha guíe sinxela e accesible para orientar a pais e nais sobre os beneficios e os riscos da tecnoloxía, recomendacións sobre o uso seguro dos diferentes dispositivos TIC, técnicas de control parental ou a que organismos poden acudir en caso de dúbida, entre outros aspectos.

Formación a docentes e empregados públicos

Que os docentes adquiran as competencias dixitais precisas para a integración das TIC nas aulas é o obxectivo de varias xornadas formativas para profesores que o CPEIG celebrará ao longo deste ano. Esta formación, dentro da estratexia tecnolóxica do ámbito educativo marcada na iniciativa Abalar, incidirá na formación actualización continua da Guía LOPD, cursos formativos de protección de datos e en materia de programación.
Facilitar a adaptación dos empregados públicos ao novo contexto dixital é outra das liñas de actuación da AMTEGA dentro do Plan de Goberno e Administración dixital. Neste contexto o CPEIG impartirá seis cursos, eminentemente prácticos en liña e presenciais, nos que se formará aos traballadores en metodoloxías e técnicas que poidan aportar valor ao seu traballo diario.

PUBLICIDADE