A AMTEGA incorpora ao repositorio de software libre da Xunta unha ferramenta do Proxecto Abalar

luns, 28 de decembro do 2015 Redacción

A AMTEGA vén de actualizar os contidos do Repositorio de Software Libre da Xunta, coa publicación dunha ferramenta do Proxecto Abalar e dunha nova versión de XEA, a aplicación de xestión das aulas da rede CeMIT. Amplíase así o contido do repositorio incrementando as aplicacións e ferramentas que a Xunta facilita para a súa reutilización.
O Centro Software Abalar é unha ferramenta que permite aos profesores xestionar facilmente a visibilidade das iconas das aplicacións nos equipos do proxecto Abalar para adaptalos ao uso dos alumnos de primaria ou secundaria. Os usuarios que descarguen eta ferramenta poderán configurar a visibilidade das iconas das aplicacións no escritorio do seu equipo.
Por outra banda, a nova versión da aplicación de xestión XEA inclúe novas funcionalidades e melloras, sendo xa a terceira versión publicada dende a súa liberación a primeiros de ano. XEA facilita a xestión de todos os recursos da redes, adaptándose ás necesidades de axentes TIC e usuarios.

PUBLICIDADE