A Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia, recoñecida nos Premios Píxel 2007

xoves, 25 de outubro do 2007 Fernando Sarasketa

Carlos Docampo (esquerda) e Jacobo Bermejo (centro) recollen o Premio Píxel da man de Millán García (derecha), presidente da Federación Empresarial de Industrias Gráficas de España (FEIGRAF).

A Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia (AEAGG) vén de ser recoñecida polo seu valor como colectivo a prol dos intereses dos seus integrantes e, tamén, da sociedade na que se insire, a nosa. Máis concretamente, o recoñecemento veu da man da revista especializada Pro-Digit@l, quen entregou á entidade galega o Premio Píxel na categoría Asociación Profesional do Ano.
O premio, que se fai chegar cada ano a profesionais, empresas e organizacións do sector que operan no Estado español, foi recollido por Jacobo Bermejo e Carlos Docampo, presidente e vicepresidente da AEAGG. O acto de entrega de galardóns desenvolveuse na discoteca Joy Eslava de Madrid, o pasado xoves 18 de outubro.

PUBLICIDADE