A Asociación de Internautas achega ferramentas de balde para protexer as redes WiFi

venres, 13 de abril do 2007 Fernando Sarasketa

Segundo informa a Asociación de Internautas, unha boa parte das redes WiFi coas que nos topamos na nosa vida cotiá de usuarios está completamente desprotexidas. Isto, que xa semella preocupante de por si, pode achegar máis dunha mala xogada á persoa responsaba de ter posto en marcha ese punto de acceso en concreto, sexa o usuario principal ou non. Para o devandito colectivo hai dous grandes perigos: por unha banda, que unha persoa sen coñecementos técnicos use a conexión de outra e, pola outra, que acceda á súa propia conexión deixando todos os seus datos expostos. Isto podería corrixirse cunha configuración axeitada do router mais, para máis seguridade, a Asociación (a través da Campaña contra o fraude online e pola seguridade na Rede) vén de poñer a disposición da comunidade redeira unha ferramenta de balde que favoreza a privacidade.
Consiste basicamente nun xerador de claves WEP (Wireless Equivalent Protocol) e WPA (WiFi Protected Acces) de xeito aleatorio. WEP.ex achega claves de 64, 128 e 256 bits de maneira que fornece ó usuario de catro claves que poden ser empregadas de xeito inmediato, tanto para plataformas Windows como en Linux. Na web do colectivo especifícase polo miúdo e por partes o proceso de instalación.

PUBLICIDADE