A CEO achega un curso de dixitalización para os traballadores ourensáns

martes, 27 de decembro do 2016 Redacción

A Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) ten previsto levar a cabo un Curso de Dixitalización a partir do 1 de febreiro, o período de inscrición xa está aberto. Trátase dun curso, enmarcado no plan formativo Industria 4.0 do IGAPE e está encamiñado a traballadores en activo, inserido no Plan Incorpórate da Confederación Empresarial. Estamos perante unha proposta para a mellora da competitividade das empresas e comercios da provincia de Ourense. E que se atoparán nesta actividade os asistentes? Aprenderán a empregar ferramentas en liña para introducir o proceso de transformación dixital das súas respectivas empresas: Google Adwords, webs responsives, redes sociais, mercadotecnia a través de email, comercio electrónico...
O dito curso é de balde, e servirá para capacitar ás empresas que teñan traballadores/as que o realizaron para solicitar futuras axudas do IGAPE nas que puntuará acreditar ter algún empregado que o fixo.
Dicir que este xoves, 29 de decembro, ás 13 horas, terá lugar o acto de presentación do Programa Incorpórate (ao que pertence este curso) na Praza das Damas, nº 1, de Ourense.
Os interesados en asistir ao Curso de Dixitalización poderá inscribirse cumprimentando o formulario habilitado ou poñéndose en contacto coa CEO no teléfono 988 39 11 10 ou no enderezo electrónico disposto para o evento, europeos@ceo.es.

PUBLICIDADE