A CMT rexeita o proxecto de financiamento de TVE

luns, 1 de xuño do 2009 Marcus Fernández

As intencións do Goberno de España de eliminar a publicidade de TVE poderían verse truncadas de moitos xeitos, e así, a propia Comisión do Mercado das Telecomunicacións vén de informar negativamente sobre o novo proxecto de lei de financiamento de RTVE que suporía que o 0,9% dos ingresos brutos das operadoras de telecomunicacións fosen a parar ao ente público para compensar a perda da publicidade, o que suporía uns 400 millóns de euros anuais.
Dende a CMT considera que facer que as operadoras de telecomunicacións financien a retirada da publicidade de Televisión Española unha medida arbitraria, por non existir ningunha relación intersectorial e non se prevé ningún traslado de fondos cara ao sector das telecomunicacións a raíz da supresión da publicidade, que non suporía ningún beneficio para as operadoras. Instan así ao Executivo a buscar medidas alternativas para financiar o grande cambio de TVE (coma explotar o valor do espectro radioeléctrico de frecuencias das canles analóxicas de televisión actuais).

PUBLICIDADE