A CRTVG organiza un concurso de reportaxes en vídeo

luns, 20 de xuño do 2011 Marcus Fernández

A nova páxina web en probas da Compañía da Radio Televisión de Galicia está a acoller o concurso CRTVG busca… reporteiros para promover a creación musical, de xeito que os maiores de 15 anos poderán remitir ata o 6 de xullo video-reportaxes de creación propia, cunha duración máxima de 3 minutos e que fagan referencia a contidos da TVG ou da Radio Galega.
As pezas poderán remitirse ata o 6 de xullo, para proceder a unha votación en Facebook os días 11 e 12 de xullo que definirá os 10 finalistas para que o día 13 un xurado poida decidir o gañador, que recibirá como premio un iPad de última xeración.

PUBLICIDADE