A Cámara de Santiago e Javier Rocamora mostran como crear tendas en liña con WordPress e WooCommerce

venres, 4 de marzo do 2022 S. P.

A Cámara de Comercio de Santiago organiza a mediados de marzo, entre os días 14 e 18, en horario de 10.00 a 14.00 horas, un obradoiro para axudar ás nosas empresas e persoas emprendedoras a vender produtos a través das novas ferramentas dixitais. Trátase do Taller Creación de Tenda Online con WordPress + WooCommerce, que será impartido polo consultor, divulgador e formador Javier Rocamora, un dos nosos grandes expertos nas máis innovadoras contornas da actividade comercial.
Os obxectivos do obradoiro son os seguintes:
-Coñecer WooCommerce e valorar se é a plataforma axeitada para o desenvolvemento da tenda online da empresa ou profesional asistente.
-Aprender os pasos para o desenvolvemento dunha tenda online sinxela con WooCommerce.
-Coñecer o ecosistema de modelos de deseño, plugins e editores visuais con WooCommerce.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2021-2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

PUBLICIDADE