A Casa Real estrea canle de YouTube

xoves, 20 de decembro do 2012 Marcus Fernández

A 100 días da estrea da páxina web da Casa da Súa Maxestade o Rei de España, estréase unha canle de YouTube que recolle vídeos organizados en dúas listaxes de reprodución: unha con vídeos de actualidade sobre os actos oficiais da Familia Real dende o pasado mes de setembro, e outra coas mensaxes de Nadal de D. Juan Carlos I dende 1975.
A estrea da canle de YouTube da Casa Real celébrase así co lanzamento dun vídeo interactivo que recolle, en 20 minutos, unha selección das mensaxes do Rei durante a historia da actual democracia española, condensando 400 minutos gravados durante todos estes anos, para o que contouse coa colaboración da Axencia EFE e RTVE.
A nova canle de YouTube servirá tamén para poder ver en directo a mensaxe de Nadal da Súa Maxestade o Rei durante o vindeiro 24 de decembro. Como novidade, este ano a publicación na web da devandita mensaxe poderá reproducirse en todas as linguas oficiais do Estado.

PUBLICIDADE