A CiberIrmandade da Fala anuncia a dispoñibilidade de dous novos paquetes de software libre na nosa língua

mércores, 2 de xaneiro do 2008 Raquel Noya

O pasado 13 de decembro, a CiberIrmandade da Fala lanzou a versión definitiva do phpBB3 en galego, un sistema de foros na nosa língua que está dispoñible para a súa descarga dende o primeiro día. A devandita organización vén de anunciar que a tradución do phpBB3 “foi froito da colaboración de tódalas persoas que quixeron aportar algo do seu tempo ao traduCIF”, o sistema de tradución en liña da CiberIrmandade da Fala, entidade que agradece publicamente a participación dos voluntarios neste proxecto.
Asemade, os voluntarios da Ciberirmandade veñen de rematar a tradución ao galego dos foros Fireboard na súa versión 1.0.4. Esta tradución é, segundo os seus creadores, “un novo e importante pasok” na adaptación ao galego de programas básicos para o desenvolvemento de webs sociais baseadas en software libre como Joomla! e Mambo.

PUBLICIDADE