A Consellaría de Cultura e Deporte publica na web vídeos da súa campaña Galicia, espírito de auga

xoves, 23 de agosto do 2007 Marcus Fernández

A Consellaría de Cultura e Deporte coa colaboración da Dirección Xeral de Turismo encargou varios vídeos para a súa emisión en varias televisións europeas durante a celebración do Campionato Europeo de Augas Tranquilas que tivo lugar en xuño en Verducido (Pontevedra) e outras imaxes de anuncios que se verán na gala da Volta Ciclista a España o día 31 de agosto baixo o lema “Galicia, espírito de auga” e dos que podemos ver xa un adianto na web da Consellaría.


Spot da campaña

Os vídeos están compostos por distintas imaxes tomadas dende o aire nas que se poden apreciar paisaxes diversas do país nas que se distinguen bateas, embarcacións, praias... e que agora se poden incluso descargar dende a web, para poder relaxarnos coa súa visualización.

PUBLICIDADE