A Coruña acolle este xoves 18 a cuarta edición do Foro de Tecnoloxía e Transporte, aberto a todo o público interesado a partir das 18.00 horas

xoves, 19 de outubro do 2006

Tecnoloxía e transporte son dous conceptos que sempre camiñaron xuntos, mais nos últimos tempos semella que o froito da súa andaina é, máis ca nunca, a seguridade ó volante. De seguridade, mais tamén de control, de mobilidade e de eficacia na xestión das flotas é do que se fala hoxe xoves 19 no cuarto Foro de Tecnoloxía e Transporte que se celebra no Hotel Barceló da Coruña, aberto a todo o público e especialmente dirixido a empresarios dos dous sectores citados ó principio deste texto.
O foro está organizado por ITC Grupo, e contará entre outros cos seguintes relatores: Elena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información; José Antonio Ferreira Daía, presidente de ITC Grupo e José Carlos García Cumplido, secretario xeral da Federación Galega de Transportes de Mercancías. Nesta cuarta convocatoria da xuntanza, o obxectivo principal da organización é dar a coñecer casos concretos e de éxito de empresas galegas e de todo o Estado con flotas de vehículos e comerciais que teñan apostado pola tecnoloxía e implantaran sistemas novidosos de control e xestión.

PUBLICIDADE