A FNAC celebrará en Madrid a chegada de Windows 8

luns, 22 de outubro do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro venres será a estrea global do novo sistema operativo de Microsoft para ordenadores e tablets, e para celebralo, en España a tenda madrileña da FNAC sita na praza Callao vai organizar un evento nocturno no que Microsoft Ibérica realizará unha rolda de prensa para amosar á sociedade o Windows 8 á vez que a FNAC vestirase de gala dende o xoves ás 20:00 horas e premiará aos 200 primeiros compradores cunha tarxeta de desconto valorada en 188 euros, á vez que tamén repartiran agasallos, realizarán sorteos e contarán con celebridades para amenizar a velada (como Mario Vaquerizo, que actuará como DJ).

PUBLICIDADE