A Fundación Curros Enríquez chega aos 500 amigos en Facebook

venres, 17 de decembro do 2010 Raquel Noya

A Fundación Curros Enríquez decidiu sumarse este ano ao envío de información a través de Internet e botando man das vantaxes que ofrecen as redes sociais, creou o seu propio perfil en Facebook.
Sen practicamente ter anunciado a súa existencia, os responsables da acción anuncian orgullosos que “son xa 500 os contactos que remitiron unha petición de amizade con esta entidade”, e que “coa recepción diaria de entre 10 e 15 novas solicitudes, os escritores de Celanova vanse facendo un oco nas redes sociais que lles ofrece a Internet”
Facebook, que tan popular se fixo neste último ano, fai máis cómodo o envío de información das actividades e novidades da Casa dos Poetas, e ademais, permite aumentar visiblemente as persoas que as reciben.
Principalmente, as amizades actuais da Fundación Curros Enríquez son de xente de fóra da vila de Celanova que están interesadas polas actividades culturais do ámbito galego, porén a previsión próxima é que “se incremente neste ano o número de veciños que queiran estar actualizados na programación anual da Casa dos Poetas” e a cantidade de amigos en Facebook aumente.

PUBLICIDADE