A Gala Lvcvs Moda tivo unha gran repercusión nas redes sociais

xoves, 10 de maio do 2012 Raquel Noya

O pasado martes Lugo converteuse por terceiro ano consecutivo na capital galega da pasarela, ao celebrarse alí a III edición da Gala Lvcvs Moda, que este ano contou por primeira vez con varios bloggers de renome a nivel nacional, para seguir o evento en directo e transmitírllelo aos seus miles de seguidores na Rede.
E é que no Salón Rexio do Círculo das Artes non collían máis de 600 convidados, e ninguén quería perderse o que ía sucedendo nesta Gala tan importante para o mundo da moda en xeral, e para o lucenses en particular, polo que os máis actualizados optaron por seguila a través das redes sociais, sobre todo Twitter.
Paloma Abad (@palomaabad), blogger habitual do diario El País en temas de moda e deseño, lembroulles aos seus preto de 5.000 seguidores que “Lugo foi a capital galega do deseño”, algo que tamén foi a reseña principal da reputada blogueira isasaweis.com (@isasaweis), que anda, nada menos que, polos 50.000 seguidores en España.
Outra blogueira imprescindible nos eventos do sector téxtil que tampouco faltou neste foi Diana, de di-pordior.blogspot.com (@dipordior), con 5.000 seguidores; ou a twitteira Erea Louro, de allthatshewantsblog (@EreaLouro), experta en moda a quen os seus máis de 1.500 seguidores lle piden consellos á hora de vestir ou marcar estilo.
Tampouco faltou o equipo de Bitácoras.com, que ilustrou con numerosas fotografías os seus comentarios en tempo real, coas que os seus máis de 250.000 usuarios tiveron unha completa crónica do evento.
A blogger responsable de theulifestyle.com, con más de 2.000 seguidores, viaxou tamén a Lugo desde Madrid para poder estar presente en la Lvcvs Moda, dende onde comentou, vía Twitter (@SoJuls), o que ía sucedendo en directo en todo momento; igualmente, outra responsable dunha firma de moda: @DcSusana, de dreamingofclothes.com, tamén comentou a gala en directo, para que os seus seguidores en Twitter non perderan detalle.
A maiores dos blogs particulares e dos medios de comunicación on line, a gala podía ser seguida e comentada en Twitter, mediante o hashtag @galalucusmoda; e en Instagram, Flickr e Facebook, a través da páxina da Deputación de Lugo.
A hora e media que durou a Gala deron para publicar mensaxes, máis de 50 fotografías e algúns vídeos, que se seguen a visionar días despois, en plena resaca “téxtil”.

Ata 40 canles de televisión poderán emitir a Gala Lvcvs Moda
Malia que numerosos medios de comunicación lle deron cobertura á Gala, á Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo non lle parece suficiente, e nesa noite desprazou a un amplo equipo de técnicos e alumnos da súa Escola de Imaxe e Son, que gravaron integramente o evento para distribuílo agora ao Centro de Contidos (CTC), unha empresa pioneira na distribución audiovisual para a TDT que ofrecerá a Lucus Moda dentro das máis de 5.000 horas de programación coas que conta.
Xa que logo, a peza audiovisual distribuirase a Telelugo, GTM Murcia, Oviedo TV, TCYL (Valladolid), Aquí TV (Cantabria), Canal Antena Cáceres, Tele Huesca, ZTV (Zaragoza), Canal Fuengirola, Canal Localia Coruña, Canal Localia Pontevedra, Canal Localia Vigo, Canal Luz Huelva, Canal 4 (Navarra), Canal La Comarca TV (Teruel), Cablemel TV (Melilla), Cancionero TV (Córdoba), Teledonosti (San Sebastián), 10 TV (Asturias), TVR (Rioja), Canal Bilbovisión (Bilbao), Canal D`EIVISSA I FORMENTERA, Albacete TV, Canal Nuevo TV (Canarias), TeleSalnés (Pontevedra), Onda Radio Navia (Luarca), Levante TV, Información TV (Alicante), Málaga TV, Canal 21 La Opinión (Granada), Canal Producciones Conquenses de TV (Cuenca), Correos TV (Santiago), Telesevilla, Canal TEA TV Pontevedra, RTV Insular Canaria, Canal La Verdad Radio Tv, Onda Azul Málaga RTVM, Canal Luz Sevilla e Canal TMV Valencia.

PUBLICIDADE