A Internet axuda a facer un seguimento de Papá Noel en Noiteboa

martes, 24 de decembro do 2013 Marcus Fernández

O NORAD permite seguir o percorrido de Papá Noel ao redor do mundo

Para moitos dos cativos do mundo hoxe é un día moi especial, pois están a agardar á chegada de Papá Noel aos seus fogares, e para que poidan estar informados minuto a minuto dende o NORAD están a dar conta do percorrido da súa zorra ao logo do planeta, tarefa que fan dende 1955 (cando o organismo respondía ao nome de CONAND) e que na actualidade facilítase a través da Internet, de aí que o ente para a defensa aérea norteamericana conte cunha páxina web dende a que permite seguir en tempo real a Santa (con gráficos 3D para ver detalladamente a parte do globo que está a sobrevoar) e que, para unha maior dispoñibilidade, tamén conta con aplicacións móbiles oficiais para iOS, Android e Windows Phone.
Google tamén fai a súa achega a este tipo de iniciativas, e no seu Santa’s Dashboard permite coñecer detalladamente o lugar do planeta no que está en cada momento desta xornada Papá Noel. Esta web é só unha parte de Santa’s Village, un espazo na web moi completo no que hai numerosos xogos e entretementos para que os cativos poidan entreterse mentres agardan a chegada dos seus agasallos.

Google tamén fai un seguimento da viaxe de Santa
O servizo de seguimento de Santa do NORAD conta con aplicacións oficiais para móbil


Vídeo co que Google anuncia o seguimento de Santa durante a Noiteboa

PUBLICIDADE