A LaconNetwork despedirá este mes nun espazo coruñés de coworking</Em>

luns, 24 de setembro do 2012 Marcus Fernández

WeKCo é un espazo de coworking sito en Novo Mesoiro (A Coruña)

O vindeiro venres o encontro gastronómico mensual de profesionais e emprendedores do sector tecnolóxico galego chamado LaconNetwork terá lugar na cidade da Coruña, servindo tal celebración para dar a coñecer aos participantes o lugar no que terá lugar: WeKCo, un espazo para o coworking sito no Avenida Novo Mesoiro. Este local busca fomentar a confianza, a colaboración e o sentido de comunidade dos emprendedores, autónomos, teletraballadores e microempresas que decidan establecerse no mesmo.

Juan Diego Pereiro Areán é o promotor de WeKCo e anfitrión desta edición da LaconNetwork

Os interesados en participar deste encontro para os albaneis da nube poden formalizar a súa inscrición tras o pagamento do 20 euros correspondentes ao xantar que principiará o día 28 ás 14:00 horas. Tamén é recomendable indicar a asistencia ao evento a través de Facebook, para que outros posibles participantes poidan coñecer por adiantando a listaxe de asistentes.
Como noutras ocasións este encontro busca xuntar a unha boa mostra do sector TIC galego, para compartir experiencias e desenvolver contactos que poidan dar pé a sinerxías futuras, como se ten demostrados nas seguintes convocatorias que este mes suman 32, deixando constancia de que estamos ante un proxecto consolidado.

PUBLICIDADE