A LaconNetwork pon peche ao mes na Estrada

luns, 24 de novembro do 2014 Marcus Fernández

Para rematar o mes a asociación Enrólate fai de anfitrioa da LaconNetwork, encontro gastronómico de profesionais e emprendedores do sector TIC galego que o vindeiro venres xuntarase no Hotel Samaná de A Estrada, onde presentaranse as diferentes iniciativas e oportunidades de negocio na zona.
Como é habitual neste tipo de xuntanzas, para poder gozar do seu xantar (composto por empanada de zorza con grelos, galleta artesá con pastel de marisco, tosta pan tumaca con xamón, tortilla de xamón e queixo, chouriciños ao viño, abano de lacón e delicias de polo) será preciso inscribirse previamente e aboar os 15 euros que sufragarán o menú que estará acompañado por unha cata de sidras da zona.

PUBLICIDADE