A PS5 rebaixa 100 euros o seu prezo até o 7 de setembro

martes, 22 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Como un xeito de dinamizar as vendas de cara ao verán, durante a primeira quincena de xullo a PlayStation 5 con lector de disco puido adquirirse cun desconto de 100 euros, quedando en 449,99 euros (o prezo habitual da versión sen lector) e agora que hai rumores relativos ao inminente lanzamento dunha PS5 Slim remiten a xogada e anuncian que entre o 25 de agosto e o 7 de setembro a PlayStation 5 volverá a estar rebaixada 100 euros na súa versión con lector de Blu-ray.
Esta oferta estará dispoñible tanto en tendas como a través da tenda directa de PlayStation, e pretende dinamizar as compras aproveitando que en breve chegarán xogos como EA Sports FC 24, NBA 2K24, Marvel’s Spider-Man 2, Alan Wake 2, Assassin’s Creed Mirage e Avantar: Frontiers of Pandora, entre outros, que tirarán proveito da potencia da PS5 e dos seus reducidos tempos de carga que melloran considerablemente a experiencia fronte á anterior xeración de consolas.

PUBLICIDADE