A Raiola Marketing Conference volve a Coruña en setembro

mércores, 7 de xuño do 2023 Redacción

A VI edición presencial do evento de márketing dixital Raiola Marketing Conference (#RMC23) reunirá o vindeiro 30 de setembro no auditorio de PALEXCO na Coruña a diferentes expertos en márketing en liña e SEO co fin de compartir explicacións prácticas, claras e detalladas sobre todas as áreas do márketing.
Os doce relatores que se subirán ao escenario de RMC Galicia son referentes con anos de experiencia nas súas respectivas áreas de coñecemento: Lord Draugr, creador de contido con máis de 700 mil subscritores en YouTube; Leti Grijó, experta en social media e formadora; Sico de Andrés, especialista en SEO; Èlia Guardiola, especializada en márketing emocional e experiencial, storytelling e copywriting; Miguel Ángel Trabado, formador e consultor de márketing; Verónica Ramallal, CEO da consultora Pekecha e experta en social media e marca persoal; Pedro SEO, especialista en SEO para YouTube e emprendedor; Nando Olcina, avogado especializado en negocios dixitais; Víctor Campuzano, Head of Growth de Metricool; David Ibiza, experto en WordPress e youtubeiro; Miguel Florido, consultor de márketing dixital e Ana Pedroche, mentora en reinvención, emprendemento sostible e benestar.
Ademais, Raiola Marketing Conference contará tamén cunha mesa redonda na que se falará sobre accións orientadas a mellorar o posicionamento dun sitio web en buscadores da Internet. Luís Villanueva, MJ Cachón, Álvaro Sáez (Chuiso) e Marta Romero, serán os expertos encargados de proporcionar as últimas tendencias, estratexias e mellores prácticas en SEO.

PUBLICIDADE