A Rede de Mulleres de Vigo mostra nun obradoiro o poder de socialización das redes sociais

mércores, 4 de setembro do 2019 Redacción

Poñer o foco nas redes sociais máis comúns e no seu importante potencial para facer comunidade e fronte común a prol da igualdade e o activismo. Este é un dos grandes obxectivos do obradoiro Socializándose coas Redes: Facebook, Twitter e Blog, que organiza os días vindeiros (a partir do 7 de outubro en horario de 10.00 a 13.00 horas) a Asociación Rede Veciñal de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo, en colaboración co Concello e a Deputación de Pontevedra.
O obxectivo é loitar contra as fendas dixitais e familiarizar ás mulleres do concello co uso dos principais servizos tecnolóxicos de comunicación e mobilización, amais de favorecer a súa empregabilidade.
O curso, que remata o 13 de novembro e ten unha duración de 35 horas (e un custe de 6 euros), desenvolverase na Oficina Municipal do Distrito Casco Vello de Vigo, no 12 da rúa da Oliva. Para máis información cómpre chamar ao 986 222 328 ou ao 670 455 431. Tamén se poden solicitar máis datos no propio local da rúa Oliva, sede da asociación. As prazas do curso son limitadas.

PUBLICIDADE