A UDC organiza un encontro virtual arredor do xigantesco paso adiante do teletraballo

luns, 18 de maio do 2020 S. P.

O Consello Social da Universidade da Coruña celebra este xoves 21 de maio ás 16:00 horas unha sesión de debate arredor da liña que vimos de cruzar por mor da pandemia COVID-19: un paso adiante na cuestión do traballo abeirado ás novas ferramentas de comunicación que é moi probábel que non teña volta atrás. O encontro virtual O futuro do traballo: o momento da verdade ten o obxectivo de “ofrecer unha visión xeral de como a actual crise pode afectar as contornas de traballo e ao mercado laboral”.
Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social, inaugurará este evento online, e será o encargado de presentar a Jordi Serrano, consultor de RRHH e socio fundador de Future for Work Institute. Serrano explicará aos asistentes tendencias e posíbeis solucións para afrontar a era laboral postCOVID-19 na que se deberá debater, en palabras do Consello Social, “como serán as novas formas de traballar ou que perfís destacarán, como a nova contorna afectará á xestión de recursos humanos ou se as empresas apostarán máis pola Intelixencia Artificial e a dixitalización”.

PUBLICIDADE