A USC dálle corpo á súa sede electrónica

xoves, 31 de xaneiro do 2013 Fernando Sarasketa

A Universidade de Santiago está a afianzar os alicerces da súa vindeira sede electrónica. Ou sexa, está a impulsar a aplicación en liña, nun emprazamento virtual concreto, de todo o que a institución implica, mobiliza, xestiona e comunica na vida real. Así o deu a coñecer o Consello de Goberno coa creación do regulamento para materializar a sede electrónica da Universidade e implantar medios en liña que faciliten o acceso total da cidadanía aos servizos que ofrece. O gran obxectivo desta sede, que se vai pór en marcha a curto prazo, é, amais do devandito, consolidar un espazo de relación coa sociedade galega.
Polo tanto, estaremos ante un traballo de ampliación, en todas direccións, do que arestora ofrece a web usc.es, basicamente información e comunicación. A sede electrónica pretende tirar o máximo partido do factor interacción. Deste xeito, informa a Universidade, levaranse a cabo, no seu seo, “tódalas actuacións, procesos e servizos que requiran a autenticación das persoas así como aqueloutras nas que se decida a súa inclusión por razóns de eficacia e calidade na prestación do servizo”.

PUBLICIDADE